lunes, 16 de noviembre de 2015

Comunicación oral. Emitir chamadas

O primeiro que imos ver neste apartado é como e onde buscar información telefónica.
Hai varios tipos de guías:
  • Páxinas brancas: nas que aparecen números de teléfonos de particulares e empresas, ademais de teléfonos de interese xeral.
  • Páxinas amarelas: que proporcionan información sobre empresas e profesionais.
  • Outras: existen moitas outras guías telefónicas, tanto en papel como en internet, para buscar números de teléfono.
Tamén é importante saber como se realizan as chamadas telefónicas:
  • Chamadas telefónicas nacionais:
    • Marcar o número de teléfono co seu prefixo incluído.
  • Chamadas telefónicas internacionais:
    • Marcar o 00.
    • Marcar o indicativo ou prefixo do país ao que chamemos.
    • Marcar o número de teléfono con todas as súas cifras (incluído prefixos…).
Por exemplo, se queres chamar desde España a un número de teléfono Italiano, marca: 00 + 39 + número de teléfono completo.

Nunha empresa realízanse diariamente moreas de chamadas, o éxito de moitas negociacións, vendas etc., depende de se somos capaces ou non de preparar e realizar unha chamada adecuadamente. Por iso na emisión de chamadas telefónicas existen unha serie de normas que se deben seguir.
  1. Debemos ter á man bolígrafo e papel para apuntar todo o necesario en relación coa chamada. Tamén podemos levar un rexistro de chamadas realizadas, no que indiquemos; a data, hora, empresa, persoa a quen chamamos, motivo da chamada e resultado desta.
  2. É moi efectivo dispoñer dunha axenda de contactos actualizada, así como diversas listas ou guías telefónicas.
  3. Antes de realizar a chamada debemos:
    • Ter preparada toda a documentación necesaria para realizar a chamada.
    • Ter claro o obxectivo principal da chamada.
    • Saber por quen debemos preguntar ou a quen debemos dirixirnos.
    • Saber as preguntas que temos que facer para obter a información que precisamos.
    • Obxeccións posibles que  podemos atopar.
    • Elaborar un guión do que vou dicir.
  4. Debemos identificarnos co noso nome e o da empresa á que representamos. Ademais debemos expoñer o motivo da nosa chamada.
  5. Debemos solicitar que nos pasen coa persoa que desexamos falar. Se non é posible, debemos deixar unha mensaxe ou indicar que chamaremos noutro momento.
  6. Para finalizar a conversa, nunca debemos colgar o teléfono sen máis. Debemos ser amables e despedirnos correctamente.
  7. Debemos evitar dar queixas por teléfono, son máis efectivas por escrito.
  8. Cando chamamos deixaremos que o teléfono soe un número prudente de veces, pero non debemos ser demasiado insistentes.
  9. Se temos que indicar datos importantes, pódense deletrear.
  10. Se ao chamar nos equivocamos de número, debemos desculparnos.
Comenta nesta entrada o que consideras que poden ser 5 aspectos básicos no protocolo de emisión de chamadas telefónicas.

2 comentarios:

  1. Penso que pode ser:
    - Debemos ter á man bolígrafo e papel para apuntar todo o necesario en relación coa chamada.
    - Debemos identificarnos co noso nome e o da empresa á que representamos.
    - Debemos evitar dar queixas por teléfono, son máis efectivas por escrito.
    - Se ao chamar nos equivocamos de número, debemos desculparnos.
    - Se temos que indicar datos importantes, pódense deletrear.

    ResponderEliminar
  2. Debemos ter á man bolígrafo e papel para apuntar todo o necesario en relación coa chamada. Tamén podemos levar un rexistro de chamadas realizadas, no que indiquemos; a data, hora, empresa, persoa a quen chamamos, motivo da chamada e resultado desta.
    Para finalizar a conversa, nunca debemos colgar o teléfono sen máis. Debemos ser amables e despedirnos correctamente.
    Debemos evitar dar queixas por teléfono, son máis efectivas por escrito.
    Se ao chamar nos equivocamos de número, debemos desculparnos
    Debemos solicitar que nos pasen coa persoa que desexamos falar. Se non é posible, debemos deixar unha mensaxe ou indicar que chamaremos noutro momento.

    ResponderEliminar