Hai varios tipos de guías:
- Páxinas brancas: nas que aparecen números de teléfonos de particulares e empresas, ademais de teléfonos de interese xeral.
- Páxinas amarelas: que proporcionan información sobre empresas e profesionais.
- Outras: existen moitas outras guías telefónicas, tanto en papel como en internet, para buscar números de teléfono.
- Chamadas telefónicas nacionais:
- Marcar o número de teléfono co seu prefixo incluído.
- Chamadas telefónicas internacionais:
- Marcar o 00.
- Marcar o indicativo ou prefixo do país ao que chamemos.
- Marcar o número de teléfono con todas as súas cifras (incluído prefixos…).
Nunha empresa realízanse diariamente moreas de chamadas, o éxito de moitas negociacións, vendas etc., depende de se somos capaces ou non de preparar e realizar unha chamada adecuadamente. Por iso na emisión de chamadas telefónicas existen unha serie de normas que se deben seguir.
- Debemos ter á man bolígrafo e papel para apuntar todo o necesario en relación coa chamada. Tamén podemos levar un rexistro de chamadas realizadas, no que indiquemos; a data, hora, empresa, persoa a quen chamamos, motivo da chamada e resultado desta.
- É moi efectivo dispoñer dunha axenda de contactos actualizada, así como diversas listas ou guías telefónicas.
- Antes de realizar a chamada debemos:
- Ter preparada toda a documentación necesaria para realizar a chamada.
- Ter claro o obxectivo principal da chamada.
- Saber por quen debemos preguntar ou a quen debemos dirixirnos.
- Saber as preguntas que temos que facer para obter a información que precisamos.
- Obxeccións posibles que podemos atopar.
- Elaborar un guión do que vou dicir.
- Debemos identificarnos co noso nome e o da empresa á que representamos. Ademais debemos expoñer o motivo da nosa chamada.
- Debemos solicitar que nos pasen coa persoa que desexamos falar. Se non é posible, debemos deixar unha mensaxe ou indicar que chamaremos noutro momento.
- Para finalizar a conversa, nunca debemos colgar o teléfono sen máis. Debemos ser amables e despedirnos correctamente.
- Debemos evitar dar queixas por teléfono, son máis efectivas por escrito.
- Cando chamamos deixaremos que o teléfono soe un número prudente de veces, pero non debemos ser demasiado insistentes.
- Se temos que indicar datos importantes, pódense deletrear.
- Se ao chamar nos equivocamos de número, debemos desculparnos.