Mostrando entradas con la etiqueta Saber escoitar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Saber escoitar. Mostrar todas las entradas

miércoles, 4 de noviembre de 2015

A comunicación oral

As comunicacións poden ser clasificadas en comunicacións:
  • Verbais
    • Oral
    • Escrita
  • Non verbais

Nesta ocasión vamos a centrarnos na comunicación oral pero antes vamos a ver unha imaxe representativa de cada un dos tipos de comunicacións.

Oral


Escrita


Non verbal

Que che da a entender cada unha das imaxes?

E toda comunicación oral interveñen como mínimo 2 interlocutores: emisor e receptor. Para que sexa efectiva é tan importante saber transmitir a mensaxe como saber recibila. Por iso vamos a analizar os seguintes aspectos das comunicacións orais:

Saber escoitar

Trátase dunha habilidade que non só permítenos escoitar o que a persoa está transmitindo, senón que tamén os sentimentos, ideas, pensamentos que hai detrás do que se está a dicir.

No seguinte enlace www.escuchaactiva.com podes atopar máis información referente a saber escoitar, en concreto podes facer o test para averiguar cal é a túa capacidade de escoita activa.

Podes analizar a continuación unha lista de consellos que che poden axudar a manter unha boa actitude de escoita activa.
  • Préstalle a máxima atención posible ao teu interlocutor, e evitaas posibles distraccións (como xogar con algún obxecto, mirar continuamente un reloxo…).
  • Observa o teu interlocutor para captar a máxima información non verbal posible que che está transmitindo (xestos, posturas…).
  • Mostra unha efectiva retroalimentación, é dicir, móstrate interesado na conversa respondendo ao teu interlocutor. Podes usar expresións para incentivar o que está a falar, como “claro”, “xa”, “si”...
  • Prepara o terreo antes de que se inicie a comunicación, mentres máis datos se teñan do que se vai a escoitar, máis fácil resultará comprendelo.
  • Intenta evitar ideas preconcibidas ou xulgalo, xa que che pode levar a captar mal a mensaxe.
  • Intenta non interromper.
  • Identifica o punto máis importante ao redor do cal xira o que se di.
  • En caso necesario, toma notas ou apuntamentos para lembrar o mencionado.
  • Fai preguntas acerca das dúbidas que che deixa a súa exposición.

Comenta esta entrada indicando en que aspectos crees ti que podes mellorar a túa escoita activa e que outros consellos engadirías.