jueves, 5 de noviembre de 2015

Asertividade

Pódese definir a asertividade como a habilidade de expresar os nosos desexos dunha maneira amable, franca, directa... coa finalidade de  comunicar as nosas ideas e sentimentos ou defender os nosos intereses sen ferir ou prexudicar a outra parte.
Podemos situar a asertividade nunha posición intermedia entre a agresividade e a pasividade.

Mira o seguinte vídeo sobre o que é a asertividade. Que che parece?

No seguinte enlace podes facer un test para analizar se es unha persoa asertiva ou non. Faino e comenta nesta entrada o que che pareceu.

Vexamos agora un exemplo dunha posible ou non conduta asertiva, agresiva ou pasiva. Estás nun restaurante ceando e cando o camareiro che trae o que pediche daste conta que a copa está sucia con marcas de pintura de beizos doutra persoa. Ti podrías

  1. Non decir nada e usar a copa sucia a disgusto.
  2. Armar un escándalo no local e dicirlle o camareiro que nunca volverás.
  3. Chamar o camareiro e dicirlle que por favor cambie a copa.
Coa seguinte imaxe podes ver os tres puntos principais relacionados coa asertividade.

 
Estilo pasivo    Estilo asertivo   Estilo agresivo

Empatía

Podemos definir a empatía como a capacidade que ten unha persoa de poñerse no lugar doutra e compartir os seus sentimentos. Isto vai permitirnos facer unha escoita activa do noso interlocutor, comprendelo, saber como facerlle preguntas, saber como dicirlle as cousas.

No seguinte vídeo podemos ver o poder da empatía. Que che parece?

Lee agora o contido do seguinte documento e fai un comentario a esta entrada coa túa opinión sobre o mesmo.