Mostrando entradas con la etiqueta forma dos escritos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta forma dos escritos. Mostrar todas las entradas

jueves, 17 de diciembre de 2015

Comunicación Escrita

A comunicación escrita é un tipo de comunicación verbal na que o código utilizado é a linguaxe. Caracterízase, a diferenza da comunicación
oral, en que se desenvolve por medio da representación gráfica de signos; é dicir, a través da escritura.
A comunicación escrita presenta algunhas vantaxes, como poden ser as seguintes:

  • Pódese revisar e corrixir o documento antes de envialo, co fin de lle dar maior claridade e precisión.
  • É permanente, xa que sempre queda constancia.
  • Chega con maior facilidade a un amplo número de receptores co mínimo esforzo (un exemplo claro é o correo electrónico, xa que cun simple clic podemos enviar unha mensaxe a multitude de destinatarios).
  • A diferenza da comunicación oral, a escrita ten a vantaxe de que se pode manter a información arquivada ou rexistrada de forma permanente.

En cambio, a comunicación escrita ten tamén desvantaxes, como son:

  • É máis cara e hai que lle dedicar máis tempo.
  • Xeralmente non ten unha resposta inmediata, polo que non se pode estar seguro de que se recibiu e leu a mensaxe.
  • A comunicación verbal, que podería axudar a interpretar a comunicación escrita, non interfire nela.
  • É necesario que o receptor coñeza o código e que saiba ler.


Para que a mensaxe sexa entendida adecuadamente é necesario seguir unhas normas de expresión escrita, que se basean en catro puntos fundamentais:


Dispós do manual de estilo e redacción do DOGA onde podes consultar aspectos relacionados coa correcta escritura