lunes, 26 de octubre de 2015

A comunicación

A Comunicación 


O longo de varios días estivemos a ver que é unha comunicación atendendo a:


A escoita activa

A escoita activa permite o receptor facer unha recepción da mensaxe transmitida totalmente efectiva.
Agora vas a profundizar máis neste concepto a partires da seguinte documentación:

  • O texto sobre a escoita activa do tema
  • Lendo o seguinte enlace e vendo o correspondente vídeo onde hai 10 claves da escoita activa.
  • E tamén lendo a seguinte documentación e vídeo sobre saber escoitar.



Erros da comunicación

Facer unha roda de prensa de 2 horas, comunicar mentiras, comunicar en chino cando os receptores non entenden chino, non facer unha escoita activa, son todos erros na comunicación ben na emisión, na recepción ou na transmisión.
Fai un comentario a esta entrada decindo o tipo de erro que son e propón tres situacións novas para que clasifiquen os teus compañeiros.

Proceso de comunicación

O proceso de comunicación está formado por varias fases como podes observar na seguinte imaxe:
Analiza cada unha das fases ou etapas nas que se desenvolve o proceso de comunicación. Crees que falta algunha?
Fai un comentario a esta entrada indicando a URL doutra imaxe que atopes en Internet representativa do proceso de comunicación

Barreiras na comunicacion

No seguinte enlace podes ver algunhas das barreiras de comunicación que se poden dar nun proceso de comunicación. Cales son  diferentes as vistas en clase?. Fai un comentario a esta entrada explicando esas barreiras que son diferentes as vistas en clase?.

Agora analiza o seguinte vídeo


Busca agora ti outro vídeo representativo das barreiras que se poden dar no proceso de comunicación. Fai un comentario a esta entrada aportando a URL do vídeo que atopache.

Definicións

Definicións

Agora debes ti produndizar lendo  a información que podes atopar aqui sobre a definición de comunicación, información e sobre os elementos presentes na comunicación.

Fai un comentario a esta entrada dando a túa opinión particular sobre a comunicación, a información e os elementos presentes na comunicación.