Mostrando entradas con la etiqueta Asertividade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Asertividade. Mostrar todas las entradas

jueves, 5 de noviembre de 2015

Asertividade

Pódese definir a asertividade como a habilidade de expresar os nosos desexos dunha maneira amable, franca, directa... coa finalidade de  comunicar as nosas ideas e sentimentos ou defender os nosos intereses sen ferir ou prexudicar a outra parte.
Podemos situar a asertividade nunha posición intermedia entre a agresividade e a pasividade.

Mira o seguinte vídeo sobre o que é a asertividade. Que che parece?

No seguinte enlace podes facer un test para analizar se es unha persoa asertiva ou non. Faino e comenta nesta entrada o que che pareceu.

Vexamos agora un exemplo dunha posible ou non conduta asertiva, agresiva ou pasiva. Estás nun restaurante ceando e cando o camareiro che trae o que pediche daste conta que a copa está sucia con marcas de pintura de beizos doutra persoa. Ti podrías

  1. Non decir nada e usar a copa sucia a disgusto.
  2. Armar un escándalo no local e dicirlle o camareiro que nunca volverás.
  3. Chamar o camareiro e dicirlle que por favor cambie a copa.
Coa seguinte imaxe podes ver os tres puntos principais relacionados coa asertividade.

 
Estilo pasivo    Estilo asertivo   Estilo agresivo

miércoles, 4 de noviembre de 2015

A comunicación oral

As comunicacións poden ser clasificadas en comunicacións:
  • Verbais
    • Oral
    • Escrita
  • Non verbais

Nesta ocasión vamos a centrarnos na comunicación oral pero antes vamos a ver unha imaxe representativa de cada un dos tipos de comunicacións.

Oral


Escrita


Non verbal

Que che da a entender cada unha das imaxes?

E toda comunicación oral interveñen como mínimo 2 interlocutores: emisor e receptor. Para que sexa efectiva é tan importante saber transmitir a mensaxe como saber recibila. Por iso vamos a analizar os seguintes aspectos das comunicacións orais: