Mostrando entradas con la etiqueta comunicación telefónica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta comunicación telefónica. Mostrar todas las entradas

lunes, 16 de noviembre de 2015

Comunicación Telefónica

Nunha empresa a comunicación telefónica é moi importante pois vai constituir parte da imaxe da empresa ante o exterior.
Por iso e importante coñecer unhas normas básicas de cortesia nas conversas telefónicas.

Para conseguir que a través do teléfono podamos emitir unha boa imaxe da empresa e de nós mesmos, hai unha serie de regras xerais nas conversacións telefónicas que sempre debemos ter en conta:

  1. A primeira regra é non abusar do teléfono: o teléfono hai que usalo con moderación, xa que podemos entreter excesivamente á outra persoa e non deixarlle desempeñar as súas tarefas correctamente.
  2. Non se debe tutear. Se non coñecemos o suficiente a outra persoa debemos tratala de vostede. Aínda que si se debe chamar ao outro polo seu nome, desa forma conseguimos que estea máis cómodo e que se sinta máis importante.
  3. Non se debe gritar ao teléfono: o que a outra parte non estea presente non significa que non nos oia.
  4. Non debemos discutir ao teléfono.
  5. Hai que sorrir ao teléfono: o sorriso escóitase e fai a voz máis cálida e simpática.
  6. Hai que articular e non masticar chicle… e hai que falar lentamente.
  7. Hai que escoitar o que o outro nos di e facerlle saber que o escoitamos (“si”, “xa vexo”...)
  8. Hai que facer preguntas.
  9. Nunca debemos interromper á outra parte: debemos deixalo que fale con tranquilidade e se necesitamos apuntar ou corrixir algo, a non ser que sexa estritamente necesario, debemos facelo cando termine.
  10. Hai que anotar, para fixar mellor as ideas e evitar ter que repetir.
  11. Non se deben facer nin recibir chamadas persoais no traballo, a non ser que sexa estritamente necesario.
  12. O horario das chamadas telefónicas é moi importante: hai uns horarios que é necesario respectar;
  13. débese evitar chamar antes das 10 da mañá e despois das 10 da noite. Tampouco se debe chamar a horas de xantar (de 2 a 4, máis ou menos).
  14. Nunca debemos asumir a total responsabilidade de solucionar algo que non estea ao noso alcance.
  15. Deixar de facer calquera outra cousa que esteamos a facer e centrarnos na conversa telefónica.

Lee agora o seguinte documento http://www.protocolo.org/social/conversar_hablar/hablar_por_telefono_el_telefono_y_la_empresa.html e comenta esta entrada mencionando os 5 aspectos que para tí son básicos en toda conversa telefónica.

Sabemos que dentro dunha comunicación telefónica temos que: