Podemos pensar que un cliente fiel normalmente é un cliente rendible pero en moitas ocasións non é asi. Por iso vamos a leer o seguinte artigo que nos fala sobre o cliente fiel e o cliente rendible.
Agora analiza o seguinte cálculo para determinar o valor dun cliente fiel. Que opinas disto?
Fidelización activa e pasiva
Crees que poden existir dous tipos de fidelización?, por un lado fidelización activa e pasiva, en que consiste cada unha delas?
Fidelización, rendibilidade e produtividade
A seguinte presentación mostra o concepto de fidelización xunto con rentabilidade e produtividade. Visualízao e comenta a túa impresión.
Que é un cliente interno?, e un cliente externo?. Documéntate sobres estes dous tipos de clientes e indica os aspectos que os caracterizan.
Wikipedia
Resultados de la búsqueda
lunes, 4 de abril de 2016
martes, 23 de febrero de 2016
Blogs Programa Formación
Grazas a este programa de formación o profesorado do IES García Barbón tivemos a posibilidade de crear blogs educativos para o noso alumnado.
Podes consultar estes blogs a continuación
Podes consultar estes blogs a continuación
Vídeos promocionales IES García Barbón
Tamén podes ver os seguintes vídeos relacionados coa oferta formativa do IES García Barbón.
Vídeo 1
Vídeo 2
Vídeo 1
Vídeo 2
Actividades promoción oferta formativa do IES García Barbón
Como seguro xa sabedes todos próximamente van ter lugar as xornadas de promoción da oferta formativa do IES García Barbón.
Están pensadas para que todo o mundo coñeza os estudos que se poden cursar neste IES de Verín. Por iso na feira do Lázaro de Verín vamos a colocar un stand con información. Pero iso non é a única actividade haberá máis que podes consultar no seguinte enlace.
Están pensadas para que todo o mundo coñeza os estudos que se poden cursar neste IES de Verín. Por iso na feira do Lázaro de Verín vamos a colocar un stand con información. Pero iso non é a única actividade haberá máis que podes consultar no seguinte enlace.
jueves, 17 de diciembre de 2015
Comunicación Escrita
A comunicación escrita é un tipo de comunicación verbal na que o código utilizado é a linguaxe. Caracterízase, a diferenza da comunicación
oral, en que se desenvolve por medio da representación gráfica de signos; é dicir, a través da escritura.
A comunicación escrita presenta algunhas vantaxes, como poden ser as seguintes:
En cambio, a comunicación escrita ten tamén desvantaxes, como son:
Para que a mensaxe sexa entendida adecuadamente é necesario seguir unhas normas de expresión escrita, que se basean en catro puntos fundamentais:
oral, en que se desenvolve por medio da representación gráfica de signos; é dicir, a través da escritura.
A comunicación escrita presenta algunhas vantaxes, como poden ser as seguintes:
- Pódese revisar e corrixir o documento antes de envialo, co fin de lle dar maior claridade e precisión.
- É permanente, xa que sempre queda constancia.
- Chega con maior facilidade a un amplo número de receptores co mínimo esforzo (un exemplo claro é o correo electrónico, xa que cun simple clic podemos enviar unha mensaxe a multitude de destinatarios).
- A diferenza da comunicación oral, a escrita ten a vantaxe de que se pode manter a información arquivada ou rexistrada de forma permanente.
En cambio, a comunicación escrita ten tamén desvantaxes, como son:
- É máis cara e hai que lle dedicar máis tempo.
- Xeralmente non ten unha resposta inmediata, polo que non se pode estar seguro de que se recibiu e leu a mensaxe.
- A comunicación verbal, que podería axudar a interpretar a comunicación escrita, non interfire nela.
- É necesario que o receptor coñeza o código e que saiba ler.
Para que a mensaxe sexa entendida adecuadamente é necesario seguir unhas normas de expresión escrita, que se basean en catro puntos fundamentais:
- Normas xerais de expresión escrita.
- Normas de ortografía, sintaxe e puntuación.
- A forma, a estrutura e o contido dos escritos.
- Coñecemento das siglas e das abreviaturas.
Dispós do manual de estilo e redacción do DOGA onde podes consultar aspectos relacionados coa correcta escritura
Etiquetas:
abreviaturas,
Comunicacion escrita,
contido dos escritos,
estrutura dos escritos,
expresión escrita,
forma dos escritos,
ortografía,
puntuación,
siglas,
sintaxe
Normas de ortografía, sintaxe e puntuación
Á hora de redactar un documento, é moi importante non ter faltas de ortografía. Por isto, se descoñeces algunhas das normas de ortografía ou se te sentes inseguro neste tema, deberías entrar nas seguintes ligazóns e repasar este tema:
Podes mellorar a túa puntuación consultado a seguinte ligazón.
E traballar a sintaxe na seguinte ligazón.
E traballar a sintaxe na seguinte ligazón.
A Real Academia Española vai modificando, cada certo tempo, as normas e as regras de ortografía. Na seguinte ligazón, recóllense algunhas das últimas modificacións.
Normas xerais de expresión escrita
A comunicación escrita, dentro da empresa, debe cumprir unha serie de requisitos xerais para que a mensaxe sexa adecuada e facilmente entendible polo receptor. Velaquí algúns destes requisitos:
- Brevidade: as frases longas dificultan a lectura, xa que cando imos chegando ao final non nos acordamos do principio da comunicación. Para conseguir que a comunicación sexa breve debemos:
- Usar frases curtas e para iso podemos poñer as ideas en varias frases en lugar de nunha frase máis longa ou tentar dicir o mesmo con menos palabras.
- Evitar os detalles excesivos.
- Evitar palabras inútiles, como poden ser adxectivos ou adverbios.
- Sinxeleza: iso fará que se nos entenda con maior facilidade. Para iso podemos:
- Evitar usar palabras complexas ou excesivos tecnicismos.
- Usar palabras de uso común.
- Dinamismo: cando usamos frases dinámicas, a nosa mensaxe é máis fácil de entender. Para iso podemos:
- Usar a forma activa en lugar da pasiva, xa que as frases activas teñen máis información, son máis curtas e son máis reais que as frases en forma pasiva.
- Usar un estilo falado e dialogado no que se lle fagan preguntas ao interlocutor.
- Positividade: é aquela que destaca o agradable en lugar do desagradable e o favorable sobre o desfavorable. Con iso conseguiremos que a nosa comunicación sexa máis amena de ler.
- Orde: a mensaxe debe ser coherente e estar ben estruturada. Para iso podemos:
- Construír oracións que teñan unidade e con só unha idea principal.
- Construír oracións seguindo a orde normal da frase; é dicir: suxeito, verbo e complemento.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)