oral, en que se desenvolve por medio da representación gráfica de signos; é dicir, a través da escritura.
A comunicación escrita presenta algunhas vantaxes, como poden ser as seguintes:
- Pódese revisar e corrixir o documento antes de envialo, co fin de lle dar maior claridade e precisión.
- É permanente, xa que sempre queda constancia.
- Chega con maior facilidade a un amplo número de receptores co mínimo esforzo (un exemplo claro é o correo electrónico, xa que cun simple clic podemos enviar unha mensaxe a multitude de destinatarios).
- A diferenza da comunicación oral, a escrita ten a vantaxe de que se pode manter a información arquivada ou rexistrada de forma permanente.
En cambio, a comunicación escrita ten tamén desvantaxes, como son:
- É máis cara e hai que lle dedicar máis tempo.
- Xeralmente non ten unha resposta inmediata, polo que non se pode estar seguro de que se recibiu e leu a mensaxe.
- A comunicación verbal, que podería axudar a interpretar a comunicación escrita, non interfire nela.
- É necesario que o receptor coñeza o código e que saiba ler.
Para que a mensaxe sexa entendida adecuadamente é necesario seguir unhas normas de expresión escrita, que se basean en catro puntos fundamentais:
- Normas xerais de expresión escrita.
- Normas de ortografía, sintaxe e puntuación.
- A forma, a estrutura e o contido dos escritos.
- Coñecemento das siglas e das abreviaturas.
Dispós do manual de estilo e redacción do DOGA onde podes consultar aspectos relacionados coa correcta escritura