do que pensamos ou sentimos aínda que esteamos calados.
A comunicación non verbal non está illada da verbal, senón que está interrelacionada con ela. O
comportamento non verbal pode repetir, contradicir, complementar ou mesmo substituír o comportamento verbal, de aquí parte a frase que todos coñecemos dunha "imaxe vale máis que mil palabras".
Moitos dos xestos que usamos son comúns na maioría das culturas ou países; son universais. Por exemplo:
- Sorrir cando estamos felices.
- Engurrar o ceño cando estamos enfadados.
- Darnos unha palmada na fronte en sinal de que esquecemos algo.
Pero a linguaxe non verbal tamén pode variar segundo a cultura ou o contexto. Por exemplo: O xesto de facer un círculo unindo os dedos pulgar e índice en Estados Unidos significa de acordo ou correcto. En Francia significa cero ou nulo. En Xapón simboliza o diñeiro.
Os ámbitos nos que se adoita dividir e estudar a comunicación non verbal son:
- Kinésia: encárgase da comunicación non verbal expresada a través dos movementos do corpo.
- Paralingüística: estuda o comportamento non verbal expresado na voz.
- Proxémica: estuda a comunicación non verbal relacionándoa co espazo persoal.
A primeira imaxe a podes consultar a partir da ligazón mentres que a segunda é a que tes a continuación.
Indica ti agora cunha imaxe comentada un exemplo de cada unha destes ámbitos da comunicación non verbal, por exemplo un sorriso que significa.....
Finalmente analiza a seguinte imaxe a partir da ligazón que indica 10 erros típicos na linguaxe corporal ou kinésica: