- Saber preguntar elexindo as preguntas adecuadas e as formas e maneiras adecuadas
- Saber cando preguntar elexindo o momento máis adecuado para formular a pregunta
Wikipedia
Resultados de la búsqueda
miércoles, 4 de noviembre de 2015
Saber preguntar
Preguntar é unha forma de obter información do noso interlocutor pero para iso debemos:
A comunicación oral
As comunicacións poden ser clasificadas en comunicacións:
Nesta ocasión vamos a centrarnos na comunicación oral pero antes vamos a ver unha imaxe representativa de cada un dos tipos de comunicacións.
- Verbais
- Oral
- Escrita
- Non verbais
Nesta ocasión vamos a centrarnos na comunicación oral pero antes vamos a ver unha imaxe representativa de cada un dos tipos de comunicacións.
Oral
Escrita
Non verbal
Que che da a entender cada unha das imaxes?
E toda comunicación oral interveñen como mínimo 2 interlocutores: emisor e receptor. Para que sexa efectiva é tan importante saber transmitir a mensaxe como saber recibila. Por iso vamos a analizar os seguintes aspectos das comunicacións orais:
E toda comunicación oral interveñen como mínimo 2 interlocutores: emisor e receptor. Para que sexa efectiva é tan importante saber transmitir a mensaxe como saber recibila. Por iso vamos a analizar os seguintes aspectos das comunicacións orais:
Saber falar
Para que a nosa comunicación sexa eficaz, temos que ter en conta á hora de falar catro puntos fundamentais:
Agora lee o contido do seguinte enlace onde tes unhas técnicas para falar en público e responde a esta entrada comentando que é o mellor que podemos facer antes dunha actuación en público.
- Ideas e contido: o contido debe ser claro, enfocado e adecuado ao interlocutor e ao propósito que se persiga. As ideas principais deben captar a atención do interlocutor e cando sexa necesario débense desenvolver con soportes de apoio (diapositivas, vídeos…).
- Organización: as ideas que pretendemos expoñer deben estar ben estruturadas para facilitar a comprensión do noso interlocutor e fomentar unha adecuada retroalimentación.
- Linguaxe: débese usar vocabulario e expresións coidadosamente seleccionadas para producir o adecuado impacto no interlocutor. A mensaxe transmitirase claramente se a selección de palabras é adecuada ás características do noso interlocutor.
- Expresión oral e corporal: o emisor debe controlar a técnica e ofrecer un comportamento non verbal adecuado (mantendo contacto visual co interlocutor, reflectindo unha expresión facial de atención…).
Agora lee o contido do seguinte enlace onde tes unhas técnicas para falar en público e responde a esta entrada comentando que é o mellor que podemos facer antes dunha actuación en público.
Saber escoitar
Trátase dunha habilidade que non só permítenos escoitar o que a persoa está transmitindo, senón que tamén os sentimentos, ideas, pensamentos que hai detrás do que se está a dicir.
No seguinte enlace www.escuchaactiva.com podes atopar máis información referente a saber escoitar, en concreto podes facer o test para averiguar cal é a túa capacidade de escoita activa.
Podes analizar a continuación unha lista de consellos que che poden axudar a manter unha boa actitude de escoita activa.
- Préstalle a máxima atención posible ao teu interlocutor, e evitaas posibles distraccións (como xogar con algún obxecto, mirar continuamente un reloxo…).
- Observa o teu interlocutor para captar a máxima información non verbal posible que che está transmitindo (xestos, posturas…).
- Mostra unha efectiva retroalimentación, é dicir, móstrate interesado na conversa respondendo ao teu interlocutor. Podes usar expresións para incentivar o que está a falar, como “claro”, “xa”, “si”...
- Prepara o terreo antes de que se inicie a comunicación, mentres máis datos se teñan do que se vai a escoitar, máis fácil resultará comprendelo.
- Intenta evitar ideas preconcibidas ou xulgalo, xa que che pode levar a captar mal a mensaxe.
- Intenta non interromper.
- Identifica o punto máis importante ao redor do cal xira o que se di.
- En caso necesario, toma notas ou apuntamentos para lembrar o mencionado.
- Fai preguntas acerca das dúbidas que che deixa a súa exposición.
Comenta esta entrada indicando en que aspectos crees ti que podes mellorar a túa escoita activa e que outros consellos engadirías.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)